Eventos
Unha tempada máis, e xa van tres consecutivas, os nos@s atletas tiveron unha destacada participación na Fase Local de campo a través celebrada hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".
Máis información no blog de eduacción física do centro:
Valeria Gómez clasificouse para disputar o Campionato Galego de campo a través escolar, ao finalizar oitava na Fase Provincial disputada na mañá de hoxe no circuíto de Acea da Ma( Culleredo).
Por segunda tempada consecutiva, un atleta do noso colexio, representaranos no Campionato Galego, que se celebrará en Guitiriz(Lugo), o próximo sábado 23 de Febreiro.
Tamén hai que destacar o 6º posto do equipo alevín feminino, e o bo papel de Lucía Carro e David Pandelo na categoría benxamín.
Noraboa a tod@s!!
Poden consultar os resultados, clasificacións e ver as fotografías da proba no blog de educación física do centro:http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es