Eventos
Esta resolución definitiva na admisión do alumnado ditada polo consello escolar do Ceip. A Cristina poderá ser obxecto de recurso de alzada ante a titular do departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Os alumnos/as non admitidos nesta 1ª fase, pasarán á Comisión de Escolarización, que determinará o Centro no que se escolaricen . Antes do inicio da fase de matricula a Comisión de Escolarización asignará as vacantes.
As prazas reservadas para "Necesidades Educativas Especiais", de non cubrirse por este réxime, pasarán aos alumnos que quedaron excluídos según os criterios de puntuación e preferencias manifestados.
Do 20 ao 30 de Xuño formalizarase a matrícula para o alumnado de educación infantil e primaria. Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.
O vindeiro mércores 19 de Maio inauguraranse as " Primeiras Xornadas Ludiculturais", que se desenvolverán ata o día 31 de Maio ,organizadas polo colexio, e que pretenden acercar o coñecemento da cultura e das tradicións ao alumnado e as familias, contribuíndo ao coñecemento daquelas actividades representativas da comunidade e entorno onde se sitúa este colexio.
Con data de entrada no noso centro do 19/05/2010, recibimos a resolución da xornada lectiva en sesión única de mañá, na cal, se resolve o seguinte:
1. Autorizar a xornada lectiva en sesión única de mañá no CEIP A Cristina, do concello de Carballo ( A Coruña). Horario:9:05 a 14:05 de luns a venres.
2. A xornada lectiva que se autoriza non poderá modificarse nun período de tres anos académicos, sen prexuízo da súa revogación de conformidade co apartado décimo primeiro da Orde do 20 de maio de 2008.
A resolución ven firmada por Don José Manuel Pinal Rodríguez (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos)