Blogues

Tríptico información Samáin 2023


Boas tardes a comunidade educativa! Dende o EDLG queríamos eninarvos o documento que se mandaou as familias sobre o noso Samaín, a súa hostoria e algunhas propostas de actividades relacionadas co noso proxecto de centro "Emocioanrte". 

Desexamósvos un feliz samaín!! 

PLAN DE CONTINXENCIA

Protocolos OFICIALES establecidos para la prevención del contagio por COVID- 19 en el sector educativo | Noticia -

PLAN DE CONTINXENCIA

Protocolos OFICIALES establecidos para la prevención del contagio por COVID- 19 en el sector educativo | Noticia -

PROTOCOLOS DE PREVENCIÓN COVID-19

Protocolos OFICIALES establecidos para la prevención del contagio por COVID- 19 en el sector educativo | Noticia -

¡ Qué bonito é o castelo de Vimianzo !

O pasado día 8 de maio, varios cursos do colexio tiveron a oportunidade de visitar o famoso castelo de Vimianzo. Alí, nos ensinaron numerosas cousas, como por exemplo como era a vida dos campesiños e dos nobres da época, así como as distintas maneiras de empregar os numerosos recursos que tiñan para poder defenderse dos enemigos, entre outros. 

Tamén puidemos compartir un momento moi bonito xunto coas palilleiras, famosas polos famosos encaixes de Camariñas. Estiveron explicando como facían o seu traballo e sobre todo a dificultade do mesmo.

Deixamos a vosa disposición unha serie de fotografías para o recordo.

 

 

 IMG_20190508_110126.jpg

 

 

 

IMG_20190508_105234.jpgIMG-20190513-WA0017.jpg

 

 

Xornadas baseadas no deporte inclusivo

O pasado venres 26 de Abril, o noso alumnado de terceiro curso, tivo a oportunidade de participar nunha xornada baseada no deporte inclusivo.

Grazas a dita proposta puideron coñecer de primeira mán as dificultades que poden ter as persoas con algún tipo de discapacidade co principal obxectivo de concenciar a sociedade sobre o seu día a día.

Así pois, deixamos dúas bonitas imaxes para o noso recordo.

Saúdos!

 

 IMG_8393.jpg

 

IMG_8231.jpg

 

 

Antón Fraguas Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas 2019

Aprezadas familias,

 

Este ano co motivo do Día das Letras Galegas, a homenaxe é para a figura do historiador e xeográfo Antón Fraguas Fraguas.

 

 fraguas.jpg

 

A continuación deixamos a vosa disposición unha serie de enlaces relacionados co protagonista.

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/37709/galicia-celebra-legado-protagonista-das-letras-2019-antonio-fraguas-fraguas-cunha

http://www.lingua.gal/letras-galegas/_/contido_0057/2019-antonio-fraguas-fraguas

 http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar/item/16502-dia-das-letra-galegas-antonio-fraguas

 

Nos próximos días publicaremos información sobre a celebración propiamente dita.

 

¡Moitas grazas!

15 de Abril, Día da Atención Temperá

Aprezadas familias,

Dende AGAT (Asociación Galega de Atención Temperá) e GAT (Federación Española de Asociaciones de Profesionales de Atención Temprana) temos a posibilidade de participar o vindeiro 15 de Abril  o DIA DA ATENCIÓN TEMPERÁ por vez primeira.

En Galicia, invítanos a participar a familias, profesionais e demais a un acto lúdico de sensibilización na Praza do Toural de Santiago de Compostela ás 18:00.

O evento que terá unha hora de duración, incluirá a lectura dun manifesto elaborado polo GAT en común para todo o territorio español, seguido das consideracións correspondentes a Galicia.

Programa de Actos:

-      18:00 Presentación e inicio dunha instalación artística en grupo.

-      18:05 Obradoiro familiar de xogos bailados por Bea Díaz.

-      18:25 Lecutra do manifesto por Guadi Galego

-      18:40 Actuación musical por Manoele de Felisa.

-      20:00 Final da instalación artística e despedida

 

 

¡Moitas grazas!

 

 atención temperá.jpg

 

 

Animádevos a participar no Concurso de bolsas de merenda reutilizables

 
Queridas familias,
 
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia ten como un dos seus obxectivos fomentar a redución do consumo de bolsas de plástico dun só uso, ofrecendo a información e os instrumentos necesarios para o uso de alternativas ecolóxicas.
 
Con esta fin convoca un concurso dirixido a estudantes de educación primaria de Galicia, para elaborar o deseño da imaxe de bolsas de merenda reutilizables.  
 
O prazo para participar comeza o 1 de abril e finaliza o 28 de abril de 2019.
 
A persoa autora do deseño seleccionado e o centro escolar ao que pertenza recibirán como premio unha cantidade determinada exposta na páxina web.
 
Toda a información sobre esta acción está dispoñible na páxina web http://www.menosbolsas.gal, así coma as bases do concurso e os requisitos precisos para participar. Axuntamos folleto e cartel do concurso para que o poidan divulgar no seu centro.
 
Guay Gustaríanos recordar que dito concurso é de caracter voluntario, onde cada participante terá que realizar o deseño na súa casa. Guay
 
 
 

LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

AVISO IMPORTANTE

Estas listaxes son PROVISIONAIS, poderán ser obxecto de reclamacións e variar en función destas ou doutras circunstancias ata que remate o procedemento de admisión.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: Cinco días hábiles desde a data de publicación: do mércores 25 ao venres 27 de abril, o mércores 2 de maio e o xoves 3 de maio.

HORARIO DE SECRETARÍA: MÉRCORES DE 9:05 A 9:55, XOVES DE 13:15 A 14:00 E VENRES DE 9:05 A 9:55.

O equipo directivo.

Carballo, 24 de abril de 2018.

 

Poden consultar toda a información relativa ás listaxes PROVISIONAIS do alumnado admitido e non admitido nos documentos anexos (os documentos adxuntos aparecen ao final deste texto), así como tamén nos taboleiros do centro.

Os soño na Gaiola en Concerto (sábado 14 de abril)

Aquí deixámosvos unha serie de fotos e ligazóns do periódico do acto do pasado sábado, 14 de abril no Pazo da Cultura.

 

http://wSaúdos e grazas mil. ww.casamuseomanuelmaria.gal/noticias/a-fundacion-manuel-maria-parabeniza-as-comunidades-educativas-dos-cinco-centros-de-carballo-que-prepararon-e-participaron-na-homenaxe-de-os-sonos-na-gaiola-de-manuel-maria-celebrado-o-pasado-sabado.htm?tipo=ACTIVIDADE

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2018/04/15/span-langglhomenaxe-escolar-carballo-a-obra-os-sonos-na-gaiolaspan/0003_201804C15C11997.htm


Moitas grazas a tod@s (nenos e nenas, familias, profesorado...) polo voso traballo, colaboración e implicación en todo o proxecto de celebración dos 50 anos de "Os soños na gaiola" de Manuel María. 


Vós facedes isto posible.

 

 

¡¡¡ GRAZAS !!!

MANNEQUIN CHALLENGE

Dende o noso equipo queremos amosarvos, dunha forma divertida,  os cambios introducidos na biblioteca do CEIP A Cristina a raíz da recente entrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

 

Pincha  no seguinte enlace e verás:

 

Mannequin challenge no Recuncho de Nuno.

 

Felices festas e próspero ano novo!

EQUIPO DE BIBLIOTECA!!

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES DO TERCEIRO CICLO DE E. PRIMARIA

BO PAPEL DE VALERIA GÓMEZ NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Valeria Gómez, alumna de 6º de E.Primaria, finalizou na vixésima posición, no Campionato Provincial de Campo a través escolar, celebrado onte no parque de Salgueiriños de Santiago de Compostela.

O posto acadado pola atleta do noso centro foi moi meritorio, xa que, neste Campionato, estaban representadas as oitenta mellores atletas da categoría infantil da provincia de A Coruña.

Para máis información, poden consultar o blog de educación física do centro:http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es

 

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR


Valeria Gómez Álvarez, alumna de 6º de E.Primaria, representará ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito do parque de Salgueiriños de Santiago de Compostela.

Este campionato é clasificatorio para o Campionato Galego, que terá lugar o sábado 8 de marzo, na Pobra do Caramiñal(A Coruña).


Valeria chega mo ilusionada á proba, aínda que consciente da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte @s mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.


 Moita sorte campiona!!!


Podedes consultar toda a información sobre a proba no blog de educación física do centro: http://disfrutamosmovndonos-686983686.blogspot.com.es/

Distribuir contido