Skip to Content

Internado

INTERNADO

O internado é o lugar onde permanecen en réxime de internado mixto os alumnos/as que se atopan escolarizados no centro, acollendo alumnado de toda a autonomía galega, previo ditame de escolarización. 

O internado favorece o desenvolvemento integral do alumnado: 

  • Potenciando a súa autonomía persoal, mediante a adquisición de hábitos que diariamente se realizan no centro: aseo, hixiene, xantar e ceas.
  • Fomentando as actividades fóra do centro con institucións, concello, asociacións,... coa finalidade de que participen segundo as súas posibilidades.
  • Realizando todas aquelas actividades que se programen e que lles permitan compartir cos seus compañeiros/as xogos, charlas e ocio. 

A dirección do colexio é a máxima responsable da organización, planificación e xestión do persoal do internado, contando coa colaboración ou delegación doutros membros do equipo directivo.

A coordinación do internado recae na figura dun educador, que realizará as funcións propias da coordinación, así como aquelas que lle sexan delegadas por parte da dirección. Entre as súas tarefas destacan:

  • Distribución de coidadores no internado.
  • Control de horarios.
  • Distribución de alumnado nas habitacións.
  • Distribución de veladores.
  • Asegurar o cumprimento das funcións do persoal do internado.
  • Coordinación cos departamentos do centro, formando parte da comisión interdisciplinar.

O internado ten capacidade para 22 alumnos/as e conta  co seguinte persoal de atención directa:

  • 4 educadores (incluído o coordinador/a)
  • 17 coidadores diúrnos en dúas quendas (mañá e tarde)
  • 5 coidadores nocturnos
  • Servizo de limpeza e roupeiro
  • Servizo de cociña
  • Servizo de enfermería
  • Vixiante nocturno
  • Vixiante de seguridade (non pertencente ao cadro de persoal do centro)

O internado conta cun regulamento de réxime interno e cunha programación de actividades.

Distribuir contido


by Dr. Radut