Skip to Content

Activ. colectivas

VISITA DA UPA

O xoves, 16 de maio de 2024, visitounos Fernando, membro da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia - Protección do Medio Ambiente.

Contounos e explicounos moitas cousas interesantes sobre as diferentes actuacións que levan a cabo no seu traballo diario: os incendios forestais, o furtivismo e marisqueo ilegal e a protección do medio ambiente.

Tamén nos explicou como actúan cando investigan un incendio forestal e como podemos saber a traxectoria do lume  mirando como están queimadas as pedras, as árbores ou cara onde cae a herba, entre outras cousas.

Ademais, mostrounos algúns dos obxectos que empregan no seu traballo diario: cámaras de trampeo nocturnas para a localización de  animais, visores nocturnos para o marisqueo ilegal, bandeiras de señalización, etc. ...

Ao final, fixemos unha foto de recordo!

 

OLIMPIATERRA 2024

Bos días a todos e todas, Terra de Ferrol. Hoxe imos celebrar o entroido e estamos mooooooi deportivos. 

Informando desde as Olimpiaterra 2024, son Pablo, o voso reporteiro de confianza, e estou aquí co meu gran equipo de reporteiros para retransmitir tooooodo o que ocorre neste gran acontecemento!!

Vouvos  presentar aos equipos campeóns destas Olimpiadas! Realizáchedes todos os retos e conseguíchedes chegar ao máis alto.

Imos comezar coa entrega de medallas a mans da nosa mascota: O Rato Roi!! Por favor, achegádevos ou subide ao podio cando oiades o voso país!

Batendo records en Remo... UCRAÍNA! Un gran aplauso para eles! 

Amosando unha gran destreza na ximnasia… GUINEA ECUATORIAL

 Chegados do país veciño e sen medo a mollarse, o equipo de natación de… PORTUGAL

Co mellor golpe de tenis… REINO UNIDO! Come on! 

Abraiándonos en patinaxe artístico… PALESTINA

Tan rápidos que nas probas nin os vimos pasar! En atletismo… ITALIA

Sen medo a suar e dándoo todo, en halterofilia, MARROCOS

Con gran forza e constancia, desde o hemisferio sur… a equipa de piragüísmo de… BRASIL

 Cuidado! Que este equipo ten moita puntería… Chegan as dianas de…. ESPAÑA

Cun manexo dos pes que dá vertigo, estes futboleros só podían ser de… REPÚBLICA DOMINICANA

Moito ollo que eses floretes demostraron que son rápidos! Que pase o equipo de esgrima de… XAPÓN

Desde VENEZUELA, dispostos a arrasar con todo, a equipa de Rugby!! 

Moitas grazas a todos, por último, pídovos un grande aplauso para o meu gran equipo de reporteiros!

Foi un pracer estar aquí con vos, e agora, despois de tanto sudor e lágrimas… toca divertirse!

Que vos aproveiten as torrijas e vémonos na pista de baile!

MUSICOTERAPIA

No mes de outubro fixemos unha actividade chamada percuterapia que empregaba a música como fío condutor.

O noso alumnado pasouno xenial!

Para ver as fotos premede nesta imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut