Skip to Content

Presentación Fin de Curso Restauración

 

Chegou o fin de curso, parece que foi onte cando empezamos...

Deixamosvos unha pequena presentación das actividades que fixemos o programa formativo de Restauración.

Feliz verán!

Concurso Baristas Boiro 24

Aquí tedes algunhas fotos do Concurso de Baristas... Un día xenial.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Baristas Boiro 24

Presentación Polos Creativos

O CEE Terra de Ferrol presenta o seu proxecto de Polos Creativos. Este curso foi o comezo dunha aventura seguiremos traballando o próximo curso, desexamos que vos guste.


2º PREMIO NO II CAMPEONATO BARISTA

O pasado mércores, 15 de maio de 2024, viaxamos a Boiro, para participar na Segunda Edición do Campeonato de Baristas para os centros de Educación Especial que contan co Programa Formativo de Servizos de Restauración. 

A parella de baristas formada por Iván e Hugo, alumnos do CEE Terra de Ferrol, acadaron o segundo premio deste campeonato, no cal demostraron as súas destrezas e habilidades para preparar dous cafés expresos, dous cafés capuchinos e dous cafés especiais sen alcohol. 

Deixámosvos unha foto de recordo do momento da entrega do 2º premio e o enlace ao vídeo para poder visualizar o campeonato completo.

BECAS NEAE 2024/2025

Aberto o prazo para a solicitude das Becas para alumnos/as con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2024/2025.

Solicitudes: Do 30 de abril de 2024 ao 13 de setembro de 2024.

Adxunto: BOE coa información.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut