actividades

Pregunta de Elección Múltiple

Se un día no patio os teus amigos te chaman rara avis,

é porque cren que eres un pouco rariño e especial

é porque che gusta perseguir aves no recreo

é porque raramente saes ao patio, xa que sempre estás castigado


A expresión ad kalendas graecas significa:

que se acerca o final de mes e os debedores van vir devolver os cartos

que estamos a principios de mes e podemos prestar diñeiro sen problemas aos debedores

que xamais recuperaremos o diñeiro que nos deben os debedores


A expresión latina intelligentibus pauca significa:

que na vida é difícil encontrarte con xente intelixente

que a xente intelixente é pouca

que á xente intelixente non hai que explicarlles moito as cousas


Nas tumbas dos camposantos atopamos ás veces inscricións romanas como:

STTL (sit tibi terra levis) ou RIP (requiescat in pace)

RIP (requiescat in pace) ou SPQR (senatus populusque romanus)

RIP (requiescat in terra) ou STTL (sit tibi terra levis)


Nos sumidoiros romanos seguimos atopando aínda hoxe a inscrición:

STTL

SPQR (senatus populusque romanus)

SPQR (senatores et populusque romani)


A expresión galega facer borrón e conta nova equivale á expresión latina:

que cando facemos as contas moitas veces temos que borrar e empezar de novo

deixar as cousas tal como estaban antes

borrar sen que queden marcas do escrito anteriormente


A miña avoa ten o salón da súa casa cheo de cadros, figuriñas e adornos e non nos deixa que xoguemos alí por se rompemos algo. Eu diría que a miña avoa sofre de:

verbi gratia

horror vacui

horror pueribus


Usamos o latinismo verbi gratia cando queremos:

poñer algo entre paréntese

explicar algo máis detalladamente

poñer un exemplo de algo que estemos vendo


Onde soemos atopar a inscrición STTL?

nos sumidoiros de Roma

nas casas dos romanos máis adiñeirados

nas lápidas dos camposantos


Que latinismo utilizarías se queres contar aos teus amigos un tema delicado sen entrar en moitos detalles?

tabula rasa

rara avis

intelligentibus pauca


Rellenar huecos

Le o seguinte párrafo e completa as palabras que faltan: 

O meu amigo Xoan era unha , non lle gustaba saír os venres con nós e quedaba na casa estudando ou vendo películas cos seus pais. A súa casa era tremenda, non había un anaco de parede onde non houbese un cadro colgado, eu sempre crin que a súa nai tiña un pouco de . Un día os seus pais decidiron mudarse a outra cidade, algo pasou, a casa ardeu, non vou a entrar en detalles, , e xa non o volvín a ver. Un tío meu que o coñeceu xa de adulto  díxome que fixeran , que empezaran de novo e que agora as cousas lles ían bastante ben a Xoan e a súa familia. 

  

Actividad de lectura

Grazas a Plutarco e o seu traballo Vidas Paralelas -no capítulo dedicado a Publicola- temos unha rica descrición e enumeración das primeiras medidas tomadas polos cónsules, como poderemos ver, absolutamente dirixidas a limitar a resurrección da Monarquía. “Consentiu que do consulado participaran e se presentaran a pedilo cantos quixeran; pero antes da elección dun colega, non sabendo o que sucedería, e temendo que se lle fixera oposición ou por envexa ou por ignorancia, quixo proceder só ao establecemento das súas mellores e máis saudables leis. En primeiro lugar, completou o Senado, que estaba moi falto, porque uns morreran baixo o poder de Tarquino e outros despois na guerra, dicíndose que os que nombrou foron cento sesenta e catro. Publicou logo as leis, das cales as que máis poder deron á multitude foron: a primeira, a que permitiu ao reo apelar da sentenza dos cónsules ao pobo; segunda, a que mandou que o que recibiese autoridade que non lle conferira o pobo, morrera por ela; e terceira, despois destas, coa que veu en auxilio dos pobres, a que librou de tributo aos cidadáns, facendo que todos se aplicaran aos oficios con maior anhelo. A que se estableceu contra os desobedientes aos cónsules non pareceu menos popular nin menos feita en beneficio da multitude contra os poderosos: impoñía, pois, por pena de desobediencia unha multa cun valor de cinco bois e de dúas ovellas.”

Tomado de:http://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%B3nsul_romano e http://www.imperivm.org/articulos/consul.html

 

           No primeiro plano, o templo de Saturno  (no centro), o templo de Vespasiano (á esquerda), o arco de

                                  Septimio Severo (entre os dous templos), a basílica Iulia (á dereita).

 

Despois de ler o texto contesta estas preguntas:

  1. De que fala o texto? Idea xeral.
  2. Contextualiza o texto na historia de Roma.
  3. Que medidas tomou Publicola antes de que elixiran un colega?
  4. Cal era o fin primordial das primeiras medidas tomadas polos cónsules?
  5. Que abreviatura coñeces que encerra ao senado e ao pobo romano?