actividades

Rellenar huecos

Le o párrafo que aparece abaixo e completa as palabras que faltan:

Hai dúas explicacións etimolóxicas para o termo cadáver. A primeira lévanos ao latín "caer", xa que a morte sería a caída definitiva ata o outro mundo. Segundo outra versión, derivaría das palabras latinas , que significa " carne   dada aos vermes ".

A palabra graffiti é un préstamo do . Deriva á súa vez do latín "incidir co scariphus". O scariphus era un ou punzón que empregaban os antigos para escribir sobre as taboiñas enceradas.

SPA é un que procede da expresión latina , "saúde a través da auga".

  
Pregunta de Elección Múltiple

Con que froito seco se relacionan as amígdalas?

abelá

améndoas

noces


Na Grecia Clásica, un idiota era aquel que:

non participaba nos asuntos públicos da cidade-estado

non se enteraba moi ben dos dereitos e deberes dos cidadáns

se levaba mal con todo o mundo nas termas e outros espazos de ocio


A persoa que sofre de bulimia ten literalmente:

unha fame de can

unha fame de carneiro

unha fame de boi


A palabra rival ten como etimoloxía:

rivus, xa que os que estaban a ambas as dúas marxes do río eran rivales que pugnaban ás veces por dominar o curso do río

ribeira, xa que estaban sempre cheas de enemigos dispostos a atacar

ripae, orillas do río cheas de plantas velenosas e perigosas para os soldados


Por que era tan importante antigamente o sal?

porque como non había cartos, os soldados cobraban o seu salario en sal

porque o sal servía para conservar os alimentos en salazón e impedir que podrecesen

porque co sal os soldados podían curar as feridas que recibían nas batallas


O prefixo grego an- que atopamos en palabras como analxésico, significa literalmente:

sen dor

sen medo

sen


As palabras delete e bit teñen unha etimoloxía curiosa:

delete vén do verbo delere "refacer" e bit do acrónimo binary digit

delete vén do grego delere "borrar" e bit da expresión binary digit

delete vén do latín delere "borrar" e bit da expresión binary digit


A palabra sarcófago significa:

que come os vermes

que come as pedras

que come a carne


As artes triviais eran as disciplinas liberais encadradas no trivium, a saber,

Aritmética, Lóxica e Retórica

Gramática, Lóxica e Música

Gramática, Lóxica e Retórica


A palabra carnaval vén do latín carnem levare, que significa:

que durante esas festas se consume moita carne

que os carnavais preceden á Coresma, carenta días sen probar a carne

que as comparsas e carrozas reparten carne entre os asistentes