Esquema de temas
Xeral
Benvid@ a Moodle
Curso de introdución á plataforma Moodle
Juan Casado - j.casado@edu.xunta.es
Neste curso introdutorio á plataforma Moodle aprenderemos os procedementos básicos para a creación e xestión dun curso escolar, así como coñeceremos algunhas das actividades máis habituais coas que poderemos contar para lograr a consecución dos nosos obxectivos nun curso escolar. A continuación, disporás dunha serie de módulos que van tratando os diversos contidos dun xeito secuencial; intenta seguilos nesta orde para non perder detalle.Curso de Moodle para docentes is licensed under a Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 3.0 Unported License.Tema 1
Introdución a Moodle
Con este primeiro bloque do curso poderás facerte unha idea do que representa esta fantástica plataforma de aprendizaxe.
Tema 2
Xestión dun curso.
En breve comezarás a preparar un curso na túa aula virtual, aquí tes toda a información que precisas: Tema 3
O resto de bloques que atoparás son bastante intuitivos. Todos, salvo o bloque adicado á Administración. Este, verémolo en detalle máis adiante. Agora xa coñeces o suficiente para moverte con fluidez nun entorno Moodle. Proseguimos ca creación do teu curso.
Tema 4
Engadindo recursos
Agora tes un curso preparado, pero baleiro de contidos. É o momento de comezar a enchelo. Para iso,deberás ter activado o modo de edición co botón
Todos os recursos que precisas para presentar un curso aparecerán no menú desplegable "Agregar recurso...". Imos coñecer un pouco acerca deles:
(O elemento fundamental a través do cal poderás crear contidos será o Editor, moi similar ao dun procesador de textos. Se precisas axuda con el, aquí a tes).
Ata aqui o básico en canto a recursos se refire. A continuación nos seguintes módulos, iremos traballando dun xeito máis individualizado todo o referente ás diferentes actividades que podes realizar ou plantexarlle ao alumnado.
Tema 5
Moodle como medio de comunicación
Moodle dispón de dous medios de comunicación principais que responden a dúas necesidades diferentes. No caso das comunicacións asíncronas, nas que emisor e receptor non coinciden no tempo, os aparellos axeitados son os FOROS. Cando os implicados no proceso coinciden no tempo falamos de comunicación síncrona e precisamos facer uso dos CHATS.Tema 6
Moodle como ferramenta colaborativa: O wiki
O termo Wiki provén da palabra de orixe hawaiano "wiki wiki" que significa rápido. En termos tecnolóxicos un wiki é un software para a creación de contido de forma colaborativa de forma rápida e eficaz.
O módulo wiki de Moodle segue este mesmo principio xa que permite que os participantes dun curso poidan crear páxinas Web sobre un determinado tema sen necesidade de que teñan conoci-mientos de HTML. En definitiva, créase unha comunidade de usuarios onde cada un achega un pouco do seu coñecemento para crear documentos útiles para todos.Tema 7
Glosarios
Moodle inclúe un aparello capaz de axudar ao profesor e aos seus alumnos a desenvolver glosarios e incorporalos ao curso. A primeira vista poden se ver coma unha sinxela lista de palabras. Desde a perspectiva da práctica, pódese converter nunha potente ferramenta de aprendizaxe.
Tema 8
Tarefas
Unha tarefa é un sinxelo aparello para recoller o traballo dos alumnos dun curso. O profesor exporá un enunciado e os alumnos traballarán sobre o mesmo para finalmente enviar unha solución a través do contorno. O módulo de tarefa permítelles ós alumnos dun xeito doado, subir documentos en calquera formato electrónico. Os documentos quedan almacenados para a súa posterior avaliación á que poderá engadirse un comentario que chegará de xeito persoal a cada alumno mediante o enderezo electrónico.Tema 9
Escollas
Unha escolla é unha actividade sinxela na que o profesor plantexa unha pregunta, especificando as posibles respostas que os alumnos poderán dar á mesma. Normalmente, a pregunta estará relacionada co desenvolvemento do curso e o seu resultado axudará a tomar algunha decisión.
Os resultados da escolla vense de forma intuitiva (diagrama de barras coas imaxes dos estudantes) coa información sobre quen elixiu que. O profesorado pode evitar que se vexa que opción elixiu cada estudante naquelas consultas que traten aspectos máis persoais.
Tema 10
Cuestionarios
Os cuestionarios de Moodle son un dos compoñentes máis completos do sistema. A comunidade foi engadindo gran número de opcións e aparellos ó motor do módulo cuestionario, chegando a ser moi flexible. Pódense crear cuestionarios con diferentes tipos de preguntas, xeralos de xeito aleatorio, permitir múltiples intentos ós usuarios e consultar os resultados almacenados.
Tema 11
Outras actividades de interese
JClic e Hot Potatoes baséanse nunha contorna para a creación, realización e avaliación de actividades educativas multimedia. Moodle non podía deixar de aproveitar estes recursos.
Tema 12
Administración básica dun curso
Este bloque contén as funcións propias e específicas que permiten ao profesorado configurar o seu curso e axustar os detalles de funcionamento do resto dos módulos de recursos e actividades didácticas (xestionar os usuarios e grupos, seguimento e rexistro da actividade dos estudantes, xestión dos arquivos do curso, realización de copias de seguridade, etc.). Tema 13
Recursos na rede e agradecementos
Para saber máis acerca de Moodle ou obter recursos interesantes, visita as seguintes ligazóns: