Inserindo actividades "Hot Potatoes" ao noso curso


IMPORTANTE:

Existe algún problema no módulo HotPot para engadir actividades se o idioma está forzado a galego. Por algún motivo, a páxina non termina de cargarse. Isto ocorre tamén con outros idiomas, como se pode ler no foro oficial de Moodle. A solución pasa por seleccionar primeiro o idioma Español_internacional.


NOTA: Probablemente, este módulo este deshabilitado por defecto. O Administrador do teu Moodle deberá activalo previamente.

Este módulo (HotPot), permite ao profesorado administrar os exercicios elaborados con Hot Potatoes a través de Moodle. Os exercicios créanse con Hot Potatoes, e logo incorporanse ao curso de Moodle.

Unha vez que os estudantes intenten resolver os exercicios, disporase de diversos tipos de informes que mostrarán as respostas a cada unha das preguntas e determinadas estatísticas sobre as puntuacións obtidas. Probablemente, este módulo estea deshabilitado por defecto. Pódese habilitar desde o bloque de Administración.

Unha das vantaxes é que permite incluír os resultados dos exercicios de Hot Potatoes no libro de cualificacións do curso.

Para engadir un Hot Potatoes hai que:
  1. Activar o modo de edición.
  2. Seleccionamos Hot Potatoes Quiz na lista desplegable Agregar unha actividade da sección que nos interese.
  3. Cubrimos o formulario segundo as opcións que máis se axusten á nosa realidade.
A xestión das actividades HotPot atópase no seu bloque de actividades-> "Exames Hot Potatoes", onde poderemos acceder a informes detallados da realización das distintas tarefas por parte do alumnado.
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55