Editar unha páxina web

Este recurso facilita confeccionar unha páxina web completa dentro de Moodle, especialmente si utilizamo-lo editor HTML de Moodle.

A páxina almacénase na base de datos, non coma arquivo, e témo-la liberdade prácticamente total para facer o que queiramos usando HTML, incluíndo códigos Javascript.

paxina web


Para editar unha páxina web, estes son os pasos a seguir:
1. Se a edición está desactivada pulsar en [Activar edición].
Facer clic en "Agregar recurso..", no módulo onde pretendemos engadir a páxina web como recurso, e despois na opción: [Editar unha páxina web]
2. Enche-lo nome e a descripción da páxina web.
3. Incluí-la información desexada usando o editor. Lembremos que é posible engadir táboas para reparti-los elementos na páxina, incluír imaxes, ou usar diferentes formatos de texto.
4. Pulsar en [Gardar cambios].

O novo recurso aparece ó final do tema elixgido e sempre se pode modificar usando a icona Icona actualizar que está a dereita do nome do recurso (en moodo edición activado).

Hai que ter en conta que con este recurso podemos crear en Moodle os nosos contidos, se é que non os temos feitos anteriormente. Con este recurso podemos dar formato ó texto escrito dun xeito doado, podemos realizar ligazóns a outras web ou incluso insertar imáxes ou calquera tipo de contido.
Pódese usa-la opción de copiar e pegar. No caso de que a fonte sexa un documento xerado por un procesador de texto (Open Office, Write, Word, etc.) é recomendable limpa-lo código coa opción da barra de ferramentas. Seleccionar-lo texto e facer clic na icona segundo pode verse na seguinte imaxe:

limpar_word

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:54