Esquema de temas
PRESENTACIÓN
Benvida e benvido ao proxecto LEOCOM!!
LEOCOM significa LEO e COMPRENDO polo que o obxectivo que pretendemos acadar con el é que mellores a túa comprensión lectora dun xeito ameno e significativo.
Nel atoparás 12 paquetes de actividades vencelladas a un interesante texto. Podes seguir a orde que te propopoñemos ou ir facendo segundo che apeteza.
En cada un atoparás a lectura nun documento para descargar e as actividades interactivas EDILIM.
Moitas tarefas poderás facelas de xeito individual e noutras terás que realizar unha posta en común coas túas compañeiras e compañeiros.
Como poderás ver nas lapelas superiores de cada paquete de actividades, estas, veñen clasificadas en:
⦁ Antes de ler
⦁ Mentres les
⦁ Despois de ler
Agardamos que che gusten e que mellores moito a túa comprensión lectora!
Este Proxecto foi creado por Verónica Blanco Quintás e Mª Luisa Lodeiro Matalobos, durante unha licenza por Formación de Modalidade 2 da Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e baixo licenza .
TEXTO Nº1: SOS! O ÁRTICO XA É NAVEGABLE
TEXTO Nº 2: AS PERSOAS QUE FOXEN DA GUERRA TEÑEN DEREITO A REFUXIARSE EN EUROPA
TEXTO Nº 3: A DEFORESTACIÓN
TEXTO Nº 4: LIXO ELÉCTRICO E ELECTRÓNICO
TEXTO Nº 5: A ECOMODA
TEXTO Nº 6: O ACOSO ESCOLAR NON É UNHA BROMA
TEXTO Nº 7: OS RÍOS
TEXTO Nº 8 : O BIOGÁS
TEXTO Nº 9: OS BURROS, UNS EXCELENTES GARDAS FORESTAIS QUE MANTEÑEN O MONTE SEN LUME
TEXTO Nº 10 : ANTIGAMENTE SE O PELIQUEIRO ÍA MAL VESTIDO METÍANO NUNHA CORTE
TEXTO Nº 11: OS ANIMAIS DE COMPAÑÍA ENTRAN NO PARLAMENTO
TEXTO Nº 12 : A GAITA TÓCASE EN TODO O MUNDO: ESCOCIA, TURQUÍA, ORIENTE…