Agradecementos

Todo traballo de recompilación para efectuar un curso coma este abrangue inmensas horas dedicadas á selección de material. Tras Moodle existe toda unha inxente comunidade que cede desinteresadamente o seu traballo para o fomento das TIC en educación. Poder dispor de semellante "biblioteca virtual" de recursos é algo digno de mención. A todas esas persoas, moitas grazas polo voso esforzo. Grazas a vós, é posible cada día o poder ir ampliando día a día o fomento e emprego deste tipo de plataformas. Este "curso" que agora tedes aqui, non sería posible se non fora porque toda esa xente foi pioneira, e ditas persoas tiveron a dura tarefa de crear os primeiros manuais e recursos na rede.

Dun xeito moi especial, quero agradecer ás seguintes persoas:

  • Dr. Carlos de Paz, o meu "profesor" de Moodle, a quen lle teño que agradecer sobre todo o seu bo facer e amizade, brindándome a posibilidade de utilizar como referencia o seu curso "Introdución a Moodle para grupos de traballo" (podes acceder como convidado) do cal foron tomadas partes íntegras para a realización deste curso co que estades a traballar.
     
E por suposto, a todos aqueles profesores que día a día co seu interese van aumentando esta comunidade Moodle nos centros educativos.

Juan Casado,
Xaneiro de 2009
Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55