Crear unha ligazón a unha páxina web ou a un arquivo

O contido dun curso non só se limita ós creados mediante os editores de Moodle. O profesor ten a posibilidade de ligar calquera tipo de arquivo previamente subido, ou calquera páxina web externa con contidos de interese.

ligazon a web

Para realizar calquera destas dúas operacións débense seguir los seguintes pasos:

1. Activa-lo "modo edición".

2. Seleccionar "Enlazar un arquivo ou web" no despregable "Agregar recurso".

3. Enche-los campos "Nome" e "Informe".

4. Enche-lo campo "Ubicación". Este é o campo máis importante neste tipo de recurso. Nel temos que escribir ou ben o enderezo web da páxina externa que desexamos ligar, ou ben escoller un arquivo do cartafol de arquivos do curso previamente subido ó mesmo. Se o arquivo non foi aínda subido a Moodle podemos facelo nese mesmo intre.

5. Unha vez seleccionado o arquivo ou posto o enderezo web, Moodle ofrece opcións acerca do xeito como se amosará o contido. Hai caseliñas coas que determinar se os contidos amosaranse no mesmo marco de Moodle ou nunha xanela nova. Tamén se pode determinar se o usuario poderá redimensionar a xanela emerxente, se poderá desprazala e as súas dimensións iniciais.

6. Por último, podemos decidir, no caso de ter seleccionado ligar unha páxina externa, se queremos pasar algún parámetro relacionado co curso ou co alumno a dita páxina. Isto é útil cando queremos integrar Moodle con outros sistemas ou aplicacións.

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:54