1.7. Formato da materia: Menú de lista

 Formato da materia: menú de lista

EDIXGAL

Na plataforma online de EVA, o contido dos cursos visualízanse co formato “Menú de lista”, por defecto, pero pódese cambiar a visualización do contido da materia, accedendo a “Administración da materia”.

Esta visualización dispón dun menú lateral coas diferentes seccións da materia que se pode mostrar/ocultar segundo as preferencias de cada usuario. Cada sección/opción do menú indícase cunha imaxe identificativa diferente.

Esta visualización ten configuración por defecto, totalmente modificable. 

   

Vista para o profesorado

Este formato dispón a seguinte visualización para o profesorado:

  • Unha primeira pestana “A miña materia” onde o/a docente poderá configurar a súa materia segundo desexe.
  • Diferentes pestanas, cada unha co nome dunha editorial. O número de pestanas varia en función das editoriais dispoñibles para a materia do catálogo de referencia.

Na pestana “A miña materia”, as unidades/temas/seccións amósanse nun menú lateral que se pode mostrar/ocultar en función das preferencias do usuario.

   

Novo formato

   Para mostrar ou ocultar o menú, o usuario ten que premer na icona Icona menú

   

Oculatr menú

   

Vista para o alumnado

A vista dos/das alumnos/as é a mesma que a do profesorado, co menú lateral esquerdo, pero non existen as pestanas do catálogo. 

   

Viata alumnado

   

Ao igual que o/a docente, poden ocultar/mostrar o menú na icona ICONA MENÚ

   



EDIXGAL
Última modificación: Luns, 2 de Setembro do 2019, 19:48