Como configurar varias saídas de vídeo no equipo |
![]() |
Configurar ARandR Coa aplicación ARandR podemos configurar fácilmente a resolución, tamaño e orientación de varias pantallas conectadas simultáneamente ao noso equipo. Unha aplicación moi útil que nos permite axustar como queiramos o funcionamento de todos os monitores/pantallas conectados simultáneamente a un mesmo equipo.
Coa(s) pantalla(s) adicional xa conectadas ao noso equipo, abrimos a aplicación ARandR desde o seguinte menú:
Menú = "Aplicativos - Sistema - ARandR"
A aplicación identificará as pantallas conectadas ao equipo e mostrará un recadro para cada unha delas. Para configurar cada pantalla, despregaremos o menú “Saídas”
Esta aplicación tamén nos permite situar as pantallas correctamente según a ubicación física que lles corresponde con respecto ao equipo. Por exemplo, se temos conectado un segundo monitor externo ao noso ordenador e está situado á dereita do equipo, facemos clic e arrastramos o icono que representa esa pantalla para situalo na ubicación real.Finalmente, cando seleccionemos a configuración desexada, pulsaremos o botón verde “Aplicar”
Gardar a configuración de forma permanente Se sempre usamos as mesmas pantallas conectadas ao noso equipo, resulta moi útil gardar esta configuración para non ter que realizala cada vez que iniciamos o equipo.
Para gardar a configuración usaremos o menú:
Disposición - Gardar como
A continuación introducimos o nome do ficheiro que contén a configuración.
- Gardamos o ficheiro con esta configuración co nome de “saida_video” (por exemplo) dentro da ruta “home/usuario/.screenlayout” que é o destino por defecto.
A continuación deberemos crear un ficheiro “Autostart” para que se cargue esta mesma configuración en cada inicio de sesión.
Para crear o ficheiro auotstart necesitaremos iniciar unha sesión do terminal e abrir un editor de texto.
Neste caso usaremos o editor de texto “mousepad”.
Escribimos o seguinte comando no terminal:
mousepad /home/usuario/.config/autostart/saida_video.desktop
No editor de texto escribimos as seguintes liñas de código:
[Desktop Entry]
Type=Application
Name=Configuracion da saida de video
Exec=/home/usuario/.screenlayout/saida_video.sh... e gardamos os cambios realizados
Que fago se a configuración non é persistente Se cos pasos anteriores non se obtén unha configuración persistente:
Iniciamos un terminal e borramos o seguinte ficheiro:
rm /home/usuario/.config/xfce4/xfconf/xfce-perchannel-xml/displays.xml
Finalmente reiniciarmos o equipo
Se continúa sen funcionar a configuración persistente:
1. Editamos o seguinte script:
mousepad /home/usuario/.screenlayout/saida_video.sh
2. Engadimos, nunha nova li a (entre "#!/bin/sh" e a liña que empeza por "xrandr") o seguinte:
sleep 5; until xrandr; do sleep 1; done
Exemplo:
#!/bin/sh
sleep 5; until xrandr; do sleep 1; done
xrandr --output VGA-1 --off --output LVDS-1 --primary --mode 1024x768 --pos 0x0 --rotate normal --output HDMI-3 --off --output HDMI-2 --off --output HDMI-1 --off --output DP-3 --off --output DP-2 --off --output DP-1 --off