|
- O Encerado Dixital Interactivo (EDI) ou tamén Pizarra Dixital Interactiva (PDI), consiste nun panel interactivo conectado a un ordenador sobre o que se proxecta a imaxe do propio ordenador por medio dun videoproxector. Este panel é sensible ao tacto e identifica os puntos de contacto sobre a súa superficie de maneira que permite controlar o ordenador en modo táctil por medio dun dispositivo apuntador ou co propio dedo.