2.4 Solución aos problemas máis comúns

  Solución aos problemas máis comúns

edi

A imaxe proxectada é borrosa e/ou non ocupa a totalidade da pantalla

Posible causa: problemas no proxector 

Pasos a seguir

  1. Axustar a posición, configuración, zoom e foco do proxector 
  2. Axustar a configuración de resolución de vídeo do ordenador: 
    1. Debe asegurarse de que a configuración de resolución do proxector e o ordenador sexan iguais. 
    2. Defina o proxector na resolución óptima para a imaxe segundo as instrucións que aparecen no manual do proxector. 
    3. Logo, defina a resolución do ordenador no mesmo valor

    

O punteiro volve rápidamente a unha posición

Posible causa: un obxecto golpeou o encerado causando unha depresión permanente na lámina frontal. 

Pasos a seguir: Os danos causados por golpes non están cubertos xeralmente nas garantías. Para ver a cobertura específica do seu equipamento consulte coa UAC.

  

Falta de precisión

Posible causa: pantalla mal calibrada 

Pasos a seguir: oriente a pantalla interactiva, se é preciso cambie no Panel de control a configuración do calibrado para poñer un axuste máis fino (dispón ata dun máximo de 20 puntos de calibrado).

    

O punteiro móvese dun xeito errático ou o trazo do rotulador non é contínuo

Tamén pode ocorrer que o trazo non responda axeitadamente e a resposta táctil sexa tal mala que non sexa posible controlala. 

 Hai diferentes posibles causas

  1. A tensión USB do ordenador ou do cable USB non é suficiente para alimentar a pantalla interactiva de modo confiable. 
  2. É posible que a pantalla interactiva non responda a causa dunha descarga electrostática, un esvaecemento de corrente ou algún outro evento. 
  3. Tarxeta controladora SC9 ou SC12 danada ou defectuosa 

Pasos a seguir

  1. Comprobe o funcionamento dos portos USB do ordenador 
  2. Probe con outro cable USB Smart en bo estado e coa lonxitude estándar establecida polo fabricante. 
  3. Se a pantalla interactiva presenta un comportamento errático debido a unha descarga de enerxía estática ou esvaecemento de corrente, poderá restaurar o seu funcionamento normal restablecendo a pantalla. Para facelo desconecte e volva a conectar o cable USB. Ó apagarse a pantalla vólvese a restablecer todos os compoñentes da mesma. 
  4. Prema o botón restablecer, situado no bordo do módulo controlador para restablecer o controlador doadamente. Por estar afundido, este botón non se pode premer accidentalmente. Pode usar a punta dun rotulador da bandexa para premelo. Pode consultar este documento para localizar dito botón: http://downloads01.smarttech.com/media/sitecore/es/support/product/smartboards-fpd/600sbd600series/guides/usersguidesb600_d600v03nov11.pdf

     NOTA: se se mantén premido o botón Restablecer por máis de tres segundos bórranse todos os datos de orientación de 4 ou 9 puntos gardados na memoria do módulo controlador e se restablecen as configuracións de aliñación predeterminadas de fábrica. Non obstante, como os datos de orientación de 20 puntos gárdanse no ordenador, consérvanse mesmo despois do restablecemento. 
  5. Se os fallos continúan probe a desparafusar o encerado da parede para descartar interferencias electromagnéticas debido aos dous parafusos metálicos situados baixo a bandexa do rotulador. Se a situación mellora os parafusos deben ser illados con cinta eléctrica (cinta illante) ou cun material non condutivo. 
  6. Descolgue o encerado da parede e próbeo sobre unha superficie illada. Se o problema se resolve terá que illar o encerado das interferencias magnéticas da parede ao volver a instalala (solución provisional) e solicitar a colocación dunha liña de terra na controladora SC á UAC.

    

O encerado desconéctase solo

Posible causa: a comunicación co equipo é defectuosa

Pasos a seguir:

  1. Substitúa o cable USB por outro máis curto

  2. Nunca alargar o cable cun prolongador común (sen alimentación)

  3. Comprobar os portos USB do ordenador.

      

O equipo detecta o encerado pero non detecta as pulsacións

Posible causa: controlador SC9 ou SC12 en mal estado

Pasos a seguir: unha vez descartadas outras causas notificar a avaría á UAC

    



EDI
Última modificación: Domingo, 29 de Decembro de 2019, 20:21