2.3 Identificación de avarías
Identificación de avarías
|
LED indicador de estado
O LED indicador do estado atópase na parte inferior esquerda do marco da pantalla. Esta luz é transmitida dende o led da tarxeta SC9 ou SC12 á superficie do marco.
Esta luz denota os estados operacionais do controlador SC tal como se describe a continuación:
Cor | Indica | Procedemento a seguir |
Vermello | A pantalla recibe corrente eléctrica pero non se comunica correctamente co ordenador |
|
Verde Constante | A pantalla recibe alimentación eléctrica e se comunica correctamente co software de SMART Board. Todo correcto | Funcionamento normal |
Verde intermitente | Non se atopa o software adicional de Smart Notebook. Nestes casos, o encerado recibe alimentación eléctrica e se comunica co controlador USB HID do SO do ordenador. Funciona perfectamente como pantalla interactiva sensible ao tacto pero non funcionan as ferramentas adicionais de SMART Board ou os rotuladores da bandexa. | Instalación do software adicional: Equipos NON ABALAR: Instalar software completo de SMART Board no caso de querer empregar as ferramentas adicionais. Equipos ABALAR: funcionamento normal. |
Ámbar | Se a luz indicadora pestanexa ou está constantemente acendida de cor ámbar: o SC está en “Modo Cargador de arranque” ou se detectou un erro de suma |
|
Luz indicadora non se acene | A controladora non recibe corrente eléctrica ou esta non é suficiente |
|
[1] O botón restablecer está situado no bordo do módulo controlador o que permite restablecer o controlador doadamente. Por estar afundido, este botón non se pode premer accidentalmente. Pode usar a punta dun rotulador da bandexa para premelo. NOTA: se se mantén premido o botón "Restablecer" por máis de tres segundos, bórranse todos os datos de orientación de 4 ou 9 puntos gardados na memoria do módulo controlador e se restablecen as configuracións de aliñación predeterminadas de fábrica. Non obstante, como os datos de orientación de 20 puntos gárdanse no ordenador, consérvanse mesmo despois do restablecemento.