1.2 Activación do driver de multiCLASS
Activación do driver de multiCLASS
|
![]() |
En todos os equipos conectados a un EDI multiCLASS xa debería estar activado por defecto o driver para que se inicie no arranque do equipo, pero pode darse o caso de que este driver non se inicie de forma automática (debido a diversas circunstancias) polo que neste caso deberemos activalo manualmente.
Activación da funcionalidade interactiva do encerado
Para a conexión do portátil ao encerado dixital interactivo Multiclass tan só debemos de conectar o cable USB. A través da conexión USB o encerado convértese en táctil e pódese acceder e manexar as distintas aplicacións do equipo portátil e os arquivos que o usuario teña nel.
Cando o usuario quere usar o encerado con tódalas súas funcionalidades, o primeiro que hai que facer é activar o driver na seguinte ruta:
Menú de aplicativos -> Educación -> iwbdriver.
Despois de facer clic sobre o menú "iwbdriver", aparece o seguinte recadro no escritorio:
![]() |