1.3 Configuración do driver no inicio do sistema
Configuración do driver no inicio
|
![]() |
O driver como aplicativo de inicio do sistema
O driver multiCLASS pode cargarse como aplicación de inicio. Deste xeito o usuario non tería que cargalo cando inicie o equipo tal e como explicamos no apartado anterior. En calquera caso, débese de ter en conta que se o driver é cargado de maneira automática pero o portátil tamén vai ser empregado con outro EDI diferente, cabe a posibilidade de que o comportamento sexa inestable. Cada tipo de EDI ten os propios seus drivers e o uso de cada un deles podería interferir no funcionamento dos outros. No caso de que o portátil só vaia ser empregado co encerado Multiclass, pódese cargar como aplicación no inicio para que se active de forma automática en cada arranque do equipo.
Abrimos o xestor de configuración (Menú: "Aplicativos - Configuración - Xestor de configuración")
No recadro que se mostra seleccionamos a opción "Sesión e inicio"
A continuación facemos clic na solapa "Inicio automático de aplicacións" (Application Autostart) e pulsamos o botón "Engadir".
Agora deberemos crear o iniciador automático do driver que se atopa na seguinte ubicación: "/usr/bin/iwbv7/run.sh", introducindo os seguintes datos nos campos que se mostran
Finalmente só nos queda pulsar o botón "Aceptar" para que o driver multiCLASS quede configurado para iniciarse automáticamente cada vez que se arranca o ordenador.
![]() |