Compartir ficheiros na aula |
- O protocolo Samba facilita o intercambio de ficheiros entre equipos e sistemas. Os nosos alumnos poderán compartir dende os seus ultraportátiles todo tipo de ficheiros, documentos e traballos ao equipo do profesor e viceversa. Dótase así ao equipamento Abalar/Edixgal dunha funcionalidade de gran utilidade para o traballo na aula, traballo en grupo e colaborativo.