1.1 Introdución á suite de aplicacións SAMBA

  Que é SAMBA

EDIXGAL

  

A suite de aplicacións SAMBA

    

Samba é una suite de aplicacións de tipo Unix que habilita o protocolo SMB (Server Message Block). A maioría dos sistemas operativos (Linux, Windows, Mac OS/2), usan SMB para operacións de rede cliente-servidor. Mediante o soporte deste protocolo, Samba permite aos equipos interactuar, comunicándose entre sí co mesmo protocolo de rede, independentemente do sistema operativo. Desta maneira, un equipo con Linux pode converterse en servidor de recursos compartidos incluso entre máquinas con sistemas operativos diferentes.

O proxecto orixinal de SAMBA naceu a comenzos da década dos anos 90 e foi evolucionando de forma contínua e progresiva ata chegar ao que coñecemos hoxe. Actualmente este proxecto está soportado, actualizado e ampliado por un grupo de voluntarios baixo a supervisión activa do seu creador orixinal Andrew Tridgell e, do mesmo xeito que o sistema operativo Linux, Samba está licenciado baixo a denominación Open Source Software (OSS) e está distribuido baixo a licenza GNU General Public License (GPL).   



   

Aínda que na presente documentación referímonos únicamente á funcionalidade de compartir documentos, ficheiros e contidos entre os equipos da rede, o protocolo SAMBA permite integrar outras moitas funcionalidades entre as que se poderían destacar as seguintes:

  • Compartir un ou máis sistemas de ficheiros. 
  • Compartir impresoras, instaladas tanto no equipo servidor como nos clientes. 
  • Servir de asistente aos equipos clientes, con visualizadores de Clientes de Rede. 
  • Autentificar clientes logeándose contra un dominio. 
  • Proporcionar ou asistir aos equipos da rede cun servidor de resolución de nomes WINS.



EDIXGAL
Última modificación: Sábado, 23 de Novembro de 2019, 23:47