1.3 Cartafoles accesibles desde o equipo do alumno

  Cartafoles accesibles desde o equipo do alumno

EDIXGAL

Todos os equipos Abalar/Edixgal dos alumnos teñen acceso aos cartafoles compartidos no equipo do profesor.

  

Ubicación dos cartafoles nos equipos dos alumnos

Os alumnos poden acceder a estes cartafoles compartidos no equipo do profesor desde o Xestor de ficheros que se pode atopar tanto na barra de tarefas da parte inferior do Escritorio, como no menú principal que se desplega ao pulsar o botón "Aplicativos".

   


   

Unha vez que se abre o Xestor de ficheiros, o alumnado pode ver os cartafoles compartidos "alumno" e "profesor", tal como se mostra na seguinte imaxe. 

recurso compartido profesor é de acceso limitado para os alumnos, só acceso de lectura, polo que non poderán crear, modificar ou borrar ningún dos contidos existentes nese cartafol.

        



O cartafol alumno, pola contra, está pensado para que os alumnos poidan compartir co docente ficheiros ou cartafoles e que éste poida examinalos, correxilos e/ou recollelos, polo que tanto alumnos como profesores poden crear, modificar, ou borrar os contidos deste outro cartafol alumno.

En resume: Desde os equipos dos alumnos, pódense gardar documentos e ficheiros para compartir no cartafol “alumno”. Esta información é accesible para todos os usuarios (profesores e alumnos). 

O profesor pode recoller ou examinar toda esta documentación e ficheiros desde o seu equipo, accedendo ao cartafol “/home/usuario/aula/alumno”.

    



EDIXGAL
Última modificación: Sábado, 23 de Novembro de 2019, 18:13