1.6. Engadir un recurso aulaPlaneta e Smart Classroom

 Engadir recursos aulaPlaneta e Smart Classroom

EDIXGAL

IMPORTANTE IMPORTANTE: Este é o procedemento a seguir para engadir recursos de "AulaPlaneta" e mais "Smart Classroom" (Netex). Para os recursos de outras editoriais, describimos o procedemento noutro apartado deste mesmo curso.

Unha vez que accedemos ao EVA Abalar, seleccionamos a materia na que imos publicar o contido. A continuación pulsamos sobre o botón "Activar edición" que atoparemos na parte superior dereita da pantalla.

Modo edición

A continuación, pulsamos sobre a opción "Engadir unha actividade ou un recurso" no tema da nosa materia onde queiramos insertar o recurso.

Engadir recurso

Feito isto, aparecerá un cadro de diálogo onde poderemos seleccionar diversos recursos e actividades, entre os que atoparemos os recursos de "AulaPlaneta" e mais os de "Smart ClassRoom".

AulaPlaneta e Smart Classroom

Engadir un recurso aulaPlaneta

Cando seleccionamos a opción "Recurso aulaPlanetaRecurso aulaPlaneta móstrase o seguinte cadro de diálogo onde poderemos realizar unha busca selectiva do tipo de recurso que necesitamos.

aulaPlaneta

Engadir un caderno de estudo aulaPlaneta

Cando seleccionamos a opción "Caderno de estudo aulaPlanetaCaderno de estudio o cadro de diálogo que se nos presenta é o seguinte.

Caderno de estudio

Engadir un caderno do profesor aulaPlaneta

Cando seleccionamos a opción "Caderno do profesor aulaPlanetaCaderno do profesor móstrase un cadro de diálogo que nos permite seleccionar o caderno de estudio que queiramos entre as múltiples opcións que se nos presentan.

Caderno do profesor

Engadir un recurso Smart ClassRoom

Cando seleccionamos a opción Smart ClassRoom Smart ClassRoom móstrasenos un cadro de diálogo onde poderemos seleccionar diversas criterios de busca que nos levarán a atopar o recurso en concreto que estamos buscando.

Smart ClassRoom



EDIXGAL
Última modificación: Luns, 2 de Setembro do 2019, 12:47