1.4. Como engadir recursos editoriais na materia

 Engadir recursos editoriais na materia

EDIXGAL

IMPORTANTE IMPORTANTE: Este será o procedemento no caso dos recursos das editoriais Edebé, Pearson e tamén para unha parte dos recursos editoriais de Netex. O procedemento a seguir no caso dos recursos de "AulaPlaneta" e mais "Smart ClassRoom" (Netex) descríbese noutro apartado deste mesmo curso.

Neste apartado revisaremos como publicar un determinado tema ou actividade, procedente dun proveedor editorial, dentro dunha materia do curso, para que estas sexan accesibles polo alumnado.

Unha vez que accedemos ao EVA Abalar seleccionamos a materia do grupo e centro educativo na que imos publicar o contido. A continuación pulsamos sobre o enlace "Busca avanzada" que atoparemos na parte superior dereita da pantalla.

Feito isto, aparecerá un cadro de diálogo onde se poderá buscar filtrando mediante as opcións: Nivel educativo, materia, nivel de agregación, editorial, formato e offline. Ademais poderase seleccionar a forma de visualizar os resultados.

Materia en blanco

Feito isto, aparecerá un cadro de diálogo onde se poderá buscar filtrando mediante as opcións: Nivel educativo, materia, nivel de agregación, editorial, formato e offline. Ademais poderase seleccionar a forma de visualizar os resultados.

Buscador de recursos

Os niveis de agregación

Para engadir recursos ás materias, é importante coñecer os chamados "niveis de agregación". A plataforma permite diferentes formas de agregación de contido que distingue en varios niveis.

Nivel de agregación "Unidade"
Permite engadir un único tema ou unha única unidade de contido.

Seleccionar nivel de agregación

Seleccionaríase a unidade que se desexe engadir á materia

Marcar unidade seleccinada

Unha vez que seleccionemos a unidade pulsaremos unha das 3 opcións:

  • Engadir e continuar a investigación: Engadiría o contido ao curso e continuaríase coa investigación de contidos a incorporar á materia.
  • Engadir e volver á materia: Engadiría o contido ao curso e volvería á materia dando por finalizada a búsqueda de contidos.
  • Volver á materia: Volve á materia sen engadir ningún contido.

No caso de seleccionar as dúas primeiras opcións aparecerá a seguinte mensaxe, na que nos pregunta se estamos seguros de incorporar o contido á materia.

Despois de aceptar a confirmación anterior, e unha vez seleccionada a unidade, hai que seleccionar o tema da nosa materia onde queremos engadir este contido.

Seleccionar tema para engadir

Unha vez seleccionado o tema en que se quere mostrar o contido, aparece unha pantalla na que se indica que o proceso pode durar uns minutos, por favor agardar ata que se peche esta mensaxe.

Mensaxe espera

Despois de pecharse a mensaxe aparece a seguinte pantalla que indica que o recurso foi engadido correctamente.

Recurso engadido

Ao regresar á materia, verase que o contido se ha inserido no tema desexado.

Neste caso seleccionamos 2. A ponte dos suspiros- Profesor. E vese na imaxe que no título da sección pon ese título. Sempre que se engada un tema a unha sección queda no título o último recurso engadido.

Desta maneira, se queremos cambiar o título habería que pulsar Activar Edición (situado na parte superior dereita da pantalla), e cambiar o título polo nome desexado, pulsando na icona marcada na figura que se mostra.

Recurso engadido

Cambiaríase o titulo da sección, poñendo o nome da sección desexado.

Cambiar nome do tema

Finalmente o nome e o título deste tema en concreto quedaría da seguinte maneira:

Nome da materia cambiado

Nivel de agregación "Actividade"

Por último, tamén podemos seleccionar as actividades que podemos engadir á nosa materia.

Engadir actividade

Despois de realizar a selección da actividade desexada, o procedemento para engadila á nosa materia é exactamente o mesmo que no caso anterior.



EDIXGAL
Última modificación: Sábado, 29 de Decembro do 2018, 10:21