1.2. Acceso á plataforma e menús principais

  Acceso á plataforma EVA

EDIXGAL

Para acceder á plataforma EVA Abalar online, debemos ir ao seguinte enderezo web (URL) da aplicación:

  http://eva.edu.xunta.es

Unha vez accedemos a través do noso navegador de internet, atopámonos coa pantalla de login ou identificación de usuarios, na que tamén podemos distinguir os seguintes elementos:

  • Login (Acceso) (1)
  • Selector de idioma (2)
  • Carrusel de novas (3)

Para entrar, introducimos as nosas credenciais de acceso ("nome de usuario" e "contrasinal") no recadro correspondente e pulsamos o botón "Acceso". Esta pantalla de acceso é a mesma para todos os usuarios.

Imaxe 1

O selector de idioma permite elixir o idioma desta pantalla de acceso. Podemos elixir entre:

  • Galego (gl)
  • Español (es)
  • English (en)

Por defecto a plataforma móstrase sempre en idioma “Galego”, pero o usuario pode cambiar o idioma en calquera momento.

Nesta pantalla de acceso podemos atopar tamén un carrusel con noticias ou novidades de interese para a comunidade
educativa.

Menús principais

Despois de identificarnos como usuarios accedemos á pantalla principal da aplicación, onde se distinguen as seguintes áreas:

  • Barra de menús (4)
  • Bloques funcionais (5)
  • Espazo de materias (6)

Menú principal

Na barra de menús (4) atoparemos os seguintes menús despregables:

Imaxe 3

Neste menú despregable (7) hai opcións que soamente están dispoñibles en función do perfil do profesor:

  • Espazo titorías - Profesor/a (dispoñible para todos os profesores/as)
  • Espazo titorías - Titor/a (dispoñible únicamente para os profesores/as con perfil de titor)
  • Xestión de credenciais (dispoñible para os profesores/as)

Ao longo deste curso abordaremos en profundidade cada un dos apartados deste menú, para probar e ver as funcionalidades de cada un deles.

Imaxe 4

O entorno de Xeración de Contidos (FERRAMENTA DE AUTOR) é a plataforma deseñada para crear contidos educativos integrada no proxecto E-Dixgal. Permite ao profesorado xerar recursos educativos de gran riqueza e a creación de unidades didácticas complementarias ó temario oficial.

A Ferramenta de Autor dota ao profesor de recursos para a creación de unidades didácticas complementarias ao temario oficial que favorezan o traballo diario tanto na aula, como fóra dela. Trátase dun área personalizada, adaptada aos perfís de “profesor”, que contempla o desenvolvemento das principais funcionalidades de xestión de proxectos nos que se inclúen unha secuencia organizada de contidos e exercicios que poderán ser publicados en entorno virtuais.

Esta ferramenta de Autor integra as seguintes funcionalidades, ás que se pode acceder desde o menú específico:

  1. Xeración de exercicios de distinto tipo que poden ser utilizados como recurso complementario no Entorno Virtual de Aprendizaxe.
  2. Xeración de contidos que poden ser enriquecidos con arquivos multimedia (imaxes, vídeos, audios, etc.). O profesor poderá achegar todo o contido estático que necesite para completar a información que necesita expoñer.
  3. Creación de proxectos que se poderán configurar como unidades didácticas complementarias utilizando os exercicios e contidos creados previamente, conformando a ferramenta de interacción co estudante e co resto da comunidade.
  4. Posibilidade de publicar os proxectos en formato SCORM directamente na plataforma e-Dixgal.
  5. Capacidade para compartir proxectos e xerar un espazo común de traballo entre os profesores.


EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 19 de Setembro do 2018, 12:57