Manipulacións básicas con PDF

Introdución

PDF Shuffer é unha ferramenta simple que permite realizar manipulacións básicas en documentos PDF. Con esta ferramenta podes reordenar, rotar, eliminar ou extraer páxinas de documentos PDF. Tamen podes engadir páxinas doutro documento

Iniciar

Iniciar PDF Shuffer desde o teu menú de aplicativos, no menú ofimática

Abrindo un Documento

Para abrir un documento en PDF Shuffer temos diferentes opcións:
 
1.- Premendo na opción Menú Ficheiro> Abrir
A continuación xa podemos seleccionar o pdf sobre o que queremos traballar.

2.- Premendo directamente no cartafol que se atopa na barra de ferramentas tamen podes seleccionar o pdf

 3.-Arrastrando un documento PDF desde a súa ubicación cara a  xanela de PDF Shuffer que aínda non conteña un documento cargado.

Comenzando a traballar

Unha vez teñamos o documento(pdf) cargado estamos en disposición de comenzar a modificalo  A aplicación mostra unhas miniaturas das páxinas que compoñen o documento tal como podemos observar na imaxe

FicheiroCargado

Seleccionando Páxinas
 
No menú Editar podemos seleccionar automaticamente todas as páxinas, as páxinas pares, as páxinas impares
Podemos seleccionar páxinas manualmente usando o rato

Se queremos podemos facer unha selección múltiple premendo Ctrl+Mayus  e facendo clic nas páxinas desexadas.

As follas seleccionadas sempre aparecen sobreadas, e se prememos o menú contextual (botón do rato sobre ela) obtemos as distintas accións que podemos realizar. Tal como mostra a figura

Menú contextual páxina seleccionadaExtraendo Páxinas
 
1.- Seleccionar a páxina (ou páxinas) que queremos extraer

2.- Desde o menú Editar ou desde o menú contextual, eliximos a opción “Extraer páxina” de xeito automático esta opción extrae a (ou as) páxinas seleccionadas e abre unha nova xanela ,xusto coas páxinas a extraer, que gardaremos nun novo documento pdf.

Todas as opcións de edición e selección están dispoñibles en Editar e tamén están dispoñibles mediante un click dereito do raton sobre unha páxina. Algunhas accións tamén están dispoñibles na barra de ferramentas.

Movendo Páxinas
 
Para mover a (ou as) páxinas seleccionadas, arrastralas desde onde están á posición do documento na que queremos que estean.

Eliminando Páxinas
 
Premendo na opción "Eliminar Páxina" ou ben coa tecla “Supr”

    Todas as opcións de edición excepto a eliminación de páxinas poden ser desfeitas desde o menú Editar> Desfacer ou tecleando Ctrl+ Z.

Exportar Imaxes como arquivos independentes
 
Desde o menú Editar>Export images podemos exportar todas as imaxes que contén o pdf que temos aberto. Se prememos nesta opción, se crea un cartafol con todas as imaxes do documento.

Esta opción non estará dispoñible para todos os documento pdf. Nese caso, poderemos comprobar que na opción Export 0 images  o número a exportar é 0.

Inxerir páxinas de outro documento
 
Podemos traballar con varios pdf á vez, isto supón que podemos inserir páxinas de outro pdf.

Desde o menú Ficheiro>Inserir

Inserir páxinas

Ou desde a barra de ferramentas premendo na icona +


Gardar o documento
 
Despois de facer cambios no documento, hai dúas formas diferentes de gardar o teu traballo:

1.- Podes sobreescribir o documento orixinal mediante Arquivo>Gardar

2.- Ou podes gardar os cambios nun novo arquivo mediante Arquivo> Gardar Como.

Última modificación: Xoves, 8 de Novembro do 2018, 17:03