Saltar navegación

Solucion Centralizada

Debido a diversas cuestións técnicas, principalmente de balanceo de carga e aforro nos custos de soporte, valorouse unha solución centralizada.

Isto significa que existirá un único equipo que controle tódolos puntos de acceso (AP) do Proxecto, independentemente de que se atopen en diferentes centros.

Este equipo denominado "Controladora" estará situado nos CPD (Centros de Procesamento de Datos) na Axencia para a Modernizacion Tecnolóxica (AMTEGA).

A solución wifi con controladora centralizada en remoto permite:

  • Balancear a carga dos AP nas situacións de que exista máis dun na mesma zona (p.e. 5ºA e 5ºB). Isto significa que se nalgún momento en 5ºA non se está traballando cos ultraportátiles, os equipos de 5ºB poderán conectarse utilizando o AP de 5ºA e mellorando así o rendemento da conexión.
  • Configuración automática de canais. Nunha rede con varios AP cada un debe emitir nun canal diferente para non producir interferencias. Debido a que esta configuración depende da súa situación en relación a outros AP próximos, esta configuración debía ser realizada manualmente, non ocorre así nunha solución conxunta na que exista unha controladora na que a configuración de canais realízase de xeito automático.
  • O autoaprovisionamento dos AP. Se por calquera cuestión fora necesario substituír un AP por outro, só sería necesario envialo ó centro sen necesidade de que fora configurado, xa que unha vez conectado á rede comunicase coa controladora e asume a configuración que esta lle transmite.
  • Elaboración de estatísticas de uso da propia rede e, en definitiva, de uso do equipamento Abalar.

Na imaxe seguinte podemos visualizar a estrutura da wifi abalar