Saltar navegación

Puntos de acceso sen fíos

Un punto de acceso sen fíos (WAP ou AP polas súas siglas en inglés: Wireless Access Point) é un dispositivo que conecta outros dispositivos sen fíos formando así unha rede sen fíos.

Os puntos de acceso sen fíos, como calquera outro dispositivo da rede, teñen direccións IP asignadas, para poder ser configurados.

Funcionamento

A súa misión consiste en estar sempre á espera de novos clientes aos que dar servizos, construíndo deste xeito a rede WLAN (Wireless LAN)

O punto de acceso recibe a información e transmítea entre a WLAN (Wireless LAN) e a LAN cableada.

Un único punto de acceso pode soportar un pequeno grupo de usuarios e pode funcionar nun rango de polo menos trinta metros e ata varios centos. Para ver as distancias máximas, anchos de banda proporcionados e frecuencias nas que operan debe vostede consultar o estándar 802.11 e as súas modificacións.

Xeralmente o WAP ou a súa antena son colocados nun alto pero podería colocarse en calquera lugar en que se obteña a cobertura de radio desexada.

O usuario final accede á rede WLAN a través dispositivo wifi do propio equipo.