Saltar navegación

Guía de boas prácticas para a xestión eficiente dunha rede wifi

É importante, como vimos, entender que unha rede wifi nunca se vai a parecer en eficiencia a unha rede de cable. Debemos ser conscientes para telo en conta á hora de manexar os contidos dixitais nas nosas aulas. Así como é importante a velocidade da rede para a transmisión áxil de datos, tamén é importante o peso deses datos. Podemos atoparnos imaxes do mesmo tamaño pero con moita diferencia de peso. Canto máis lixeiros sexan os contidos dixitais que manexamos nas nosas unidades didácticas, máis dinámica será a súa utilización e, por tanto, menos tempos mortos teremos que sufrir como docentes.

Podemos diferenciar entre dous roles á hora de xestionar de xeito eficiente unha rede.

Cando creamos contidos dixitais

  • Analizar o formato no que están creados. Certos tipos de formato de arquivo son, por natureza, máis pesados que outros.
  • Si traballamos con imaxes debemos tratalas previamente á súa utilización, reducíndoas en tamaño e calidade tanto como sexa posible.
  • Igualmente, se traballamos con vídeos debemos utilizar os formatos comprimidos (flv) e tratar de facelos o menos pesados posible.

Cando seleccionamos contidos dixitais

  • Debemos seleccionar aqueles contidos que estean creados en formatos o máis lixeiros posible.
  • Á hora de seleccionar un contido é importante descargalo para subilo ó servidor do centro. A súa a consulta dende os equipos ultraportátiles poderá ser moito máis áxil.
  • Debemos detectar que contidos son necesario que os alumnos vexan nos seus equipos, e cales é posible compartir dende o encerado dixital interactivo. Así, se temos que visualizar un vídeo, será necesario facelo no encerado da aula que cada alumno individualmente no seu ordenador.