Saltar navegación

Límites para a conectividade dos ultraportátiles

A nivel técnico, a introdución masiva de equipamento informático nas aulas ten as súas dificultades de implantación.

Un aspecto a ter en conta é a velocidade de conexión dos equipos á rede, xa sexa para acceder ó servidor de recursos educativos instalado no centro ou directamente á internet.

Podemos establecer a este nivel, dous grupos de dificultades:

  • os límites perfectamente identificados e cuantificados

  • os límites máis subxectivos, que sabendo que gardan relación coa velocidade de conexión non é sinxelo medir en que grao.

Atribucións da Imaxe: '30 Km Sign Waymarker'. Url: http://www.flickr.com/photos/17012490@N00/4509808771. licencia: (CC BY-SA 2.0)