Saltar navegación

Límites complexos de cuantificar.

  1. Concorrencia: Significa o número de equipos simultáneos que se están a conectar contra un único AP. A redución do ancho de banda de cada ultraportátil non é directamente proporcinal a este número, senón que se reduce de xeito exponencial ó producírense interferencias entre equipos. Deste xeito podemos atender á táboa de velocidades de transferencia aproximada que, a modo totalmente figurativo, nos pode facer entender a situación.
  2. Interferencias: non só os propios equipos producen interferencias cando están a facer uso da conexión wifi, tamén os teléfonos móviles, os bluetooth, proxectores inarámicos, outras wifis, etc... son responsables de ocupar as frecuencias onde vai traballar a Wifi Abalar e reducir así o rendemento da rede dos ultraportátiles.

  3. Encriptación: Debido á LOPD (Lei de protección de datos) é necesario encriptar os datos que flúen pola rede sen fíos. Esta codificación significa tamén unha redución do propio ancho de banda, do mesmo xeito que blindar un coche aumenta o seu peso coa consecuente perda de potencia.