Saltar navegación

Solucións ós límites.

Existen diferentes xeitos de contribuír á eficiencia dunha rede de datos. Por un lado están as medidas técnicas das que é responsable a Consellería de Educación, e por outro, as medidas relacionadas co uso da rede onde o papel do profesorado é fundamental.

En relación ás medidas técnicas a Consellería de Educación, dentro das súas posibilidades, está a facer todo o posible por dotar dunha rede wifi o máis eficiente posible polo que nos centraremos aquí en dar a coñecer a importancia que ten contribuír coas nosas prácticas á eficiencia da rede de datos.

Un dos límites máis difíciles de solucionar é o do ancho de banda da ADSL, xa que polo alto número de equipos que ten un centro, nin no mellor dos casos poderiamos garantir un traballo eficiente con contidos educativos nos equipos dos alumnos.

En relación ó resto de límites, só nos queda recorrer á xestión eficiente da rede. 

Aínda que existe un Plan Director de Telecomunicacións da Xunta de Galicia onde se prevé un aumento do ancho de banda dos centros educativos, a día de hoxe non é unha realidade coa que poidamos contar de xeito inmediato e así garantir tecnicamente a introdución de contidos educativos dente internet nas aulas.

É por isto, que a Consellería vén desenvolvendo, con anterioridade ó Proxecto Abalar, un Proxecto de Servidores en Centros Educativos que se atopa nunha fase piloto, e que se concretará definitivamente nos centros que entran no Proxecto Abalar.

Este Servidor conta, entre outros servizos propios da intranet, dun repositorio de contidos educativos e da aplicación para a súa xestión.

Así, o profesorado que queira traballar cun contido concreto na súa aula non terá a necesidade de utilizar a ADSL, xa que a velocidade de acceso ó contido, ó atoparse dentro do centro, pode ser moito maior entre o equipo de destino (ultraportátil do alumno) e o equipo orixe do contido (servidor de contidos educativos).

Para comprobar in situ o ancho de banda no seu centro, empregue o velocímetro da Xunta de Galicia nun equipo no que teña a garantía que non está infectado.

http://velocimetro.xunta.es