Saltar navegación

Que é a "Wifi-Fi"?


 Wi-Fi é unha marca comercial rexistrada inventada por unha empresa de marketing por encargo da Wi-Fi Alliance, antes coñecida por Wireless Ehternet Compatibility Alliance, unha organización comercial que proba e certifica os equipos que cumpren cos estándares 802.11 do IEEE (Instituto de Enxeñeiros Electricistas e Electrónicos).


Esta marca certifica as redes sen fíos (wireless) que son aquelas que non se atopan unidas por medios físicos, senón que transmiten os datos por ondas electromagnéticas. Así, sempre e cando contemos con dispositivos de conexión sen fíos, poderemos formar unha rede de datos sen a necesidade de unir os diferentes equipos mediante un cable.

Imaxe: By Eurobas (Own work) [ CC-BY-SA-3.0], via Wikimedia Commons