Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Concurso-oposición ao corpo de inspectores de educación, PES, PTs de FP, EOIs, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2020

Ven, 13/03/2020 - 08:20

Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficias de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia (desde o 16 de marzo ata o 6 de abril de 2020, ambos incluídos)

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para o cal será necesario posuír algún dos certificados electrónicos admitidos ou darse de alta no sistema Chave 365. Neste último caso poderá empregarse calquera das vías que se establecen no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365 onde se facilitará unha chave que permitirá realizar de forma electrónica diversos trámites naqueles procedementos que así o estableza a Xunta de Galicia.

O proceso de presentación de solicitudes é moi sinxelo: ao entrar na aplicación informáticahttps://www.edu.xunta.es/oposicions e logo de cuberta a solicitude de participación, a persoa interesada deberá premer na opción “enviar a sede electrónica” e nese momento accederá a esta plataforma na que deberá asinar a solicitude empregando algún dos certificados electrónicos admitidos ou a Chave 365. O pagamento dos dereitos de exame (taxa) tamén se realizará de forma electrónica, a través do enlace que se indicará na propia aplicación https://www.edu.xunta.es/oposicions. Logo de cubrir a solicitude e, unha vez efectuado o pagamento, figurará "estado: pagado" e poderá descargar o xustificante da dita operación desde a propia aplicación de oposicións.

Tamén sería conveniente que a consellería poida comprobar automaticamente todos aqueles documentos elaborados polas administracións públicas para o que será preciso que a persoa solicitante non se opoña a súa comprobación. Neste caso non terá que achegar ningún documento acreditativo destes datos. Respecto daqueles datos non comprobables automaticamente segundo a convocatoria, ou para o caso de que a persoa solicitante se opoña a súa consulta pola administración, deberá xuntar a documentación acreditativa dixitalizada do xeito que se lle indica na sede electrónica.

En todo caso, deberán achegar o título aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñería nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións. Ademais do anterior, se no título non consta a especialidade e, de ser o caso, o idioma estranxeiro deste, deberán achegar a certificación académica persoal. O motivo é que no Rexistro de Títulos do Ministerio de Educación non constan as mencións nin a as especialidades.

Así mesmo, aquelas persoas graduadas en educación primaria que obtiveran unha mención nunha Universidade distinta da que obtiveron o título, e aleguen esta mención para a súa inclusión nas listas de interinidades ou substitucións deberán achegar certificación académica oficial expedida pola Universidade acreditativa da obtención da mención.

Por último, e para o caso de que a persoa interesada pertenza á lista de interinidades e substitucións dunha das especialidades que se ofertan nesta convocatoria, se quere manter o seu posto na lista en aplicación do apartado 1 do punto segundo do Texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias, ten a obriga de presentarse, non é obrigatorio facelo na súa especialidade nin polo mesmo corpo para manter o seu lugar na lista de interinidades e substitucións.