Apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en caracterización e indumentaria, dramaturxia, espazo escénico e técnicas escénicas

Lun, 24/05/2010 - 12:24

Anuncio do 20 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia nas especialidades de caracterización e indumentaria (594442), dramaturxia (594446), espazo escénico (594448) e técnicas escénicas (594456).

Prazo de presentación de solicitudes:

 O prazo de presentación será de dez días naturais contados a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia