Admisión alumnado curso 2013/2014

Xov, 31/01/2013 - 14:27

O día 15 de xaneiro de 2013, entrou en vigor o Decreto 254/2012, do 13 decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O decreto derroga expresamente todas as normas de igual ou inferior rango que se opoñan á nova regulación e, en particular, o Decreto 30/2007, do 15 de marzo, e a Orde do 17 de marzo de 2007, polo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, debe aprobar a correspondente orde que, en desenvolvemento do Decreto 254/2012, determine todas as cuestións procedementais e de xestión propias do proceso de admisión de alumnado.

En consecuencia, o proceso de admisión de alumnado para o próximo curso 2013-2014 iniciarase logo da aprobación da devandita norma xurídica, conforme aos prazos e o procedemento que esta determine.