Auxiliares de conversa en centros públicos. Renovación para o curso 2013/2014

Mér, 02/01/2013 - 11:39

Desde o día 10 de xaneiro ata o 2 de abril de 2013 está aberto en Profex o prazo de renovación no Programa auxiliares de conversa estranxeiros/as para o curso 2013/2014. Aquelas persoas, que estean desempeñando esta función en centros públicos galegos no presente curso, deberán ter en conta o seguinte:

- Auxiliares de China, Italia e Portugal non poderán renovar.
- Auxiliares do Reino Unido terán que realizar a solicitude a través do British Council e os/as auxiliares de Bélxica de lingua francesa a través de Wallonie-Bruxelles International. A resolución destes/as candidatos/as será ao redor do mes de maio.
- O resto de auxiliares solicitarán a renovación vía Profex dentro do prazo sinalado anteriormente, para o que achegarán dous documentos á súa solicitude en Profex: unha carta de motivación e un informe favorable do centro no que están destinados/as este curso.

Menú Advertisement

Lingua estranxeira

Sen términos