Listaxe dos novos centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2012/2013

Mér, 24/10/2012 - 12:33

Xúntase a listaxe dos novos centros acreditados e das súas persoas coordinadoras e titoras e especialidades ofertadas derivadas da Resolución do 10 de setembro de 2012 (DOG 17 de setembro), da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar novos centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster do profesorado de educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2012-2013.