Valentín García participa en Ourense no encontro "Economía e identidade", organizado polo foro Enrique Peinador
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán no encontro “Economía e identidade”, organizado polo Foro Enrique Peinador en colaboración coa Deputación de Ourense. No acto, que tivo lugar no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel, participaron, amais do secretario xeral; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Xosé González, presidente do Foro Enrique Peinador; Xabier Peña, de R Telecomunicacións; Casián García, director xeral de Celtic Estores; Artur Yuste, xerente do Grupo Cuevas; Francisco Nóvoa, director do Grupo Academia Postal e o adegueiro Antonio Cajide.
A iniciativa enmárcase na campaña “Empresas con identidade galega", que ten por finalidade dinamizar o uso da lingua galega no ámbito empresarial.