Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Valentín García participa en Ourense no encontro "Economía e identidade", organizado polo foro Enrique Peinador

Valentín García participa en Ourense no encontro "Economía e identidade", organizado polo foro Enrique Peinador [1]

Gallego
Valentín García participa en Ourense no encontro "Economía e identidade", organi
Valentín García participa en Ourense no encontro "Economía e identidade", organizado polo Foro Enrique Peinador

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán no encontro “Economía e identidade”, organizado polo Foro Enrique Peinador en colaboración coa Deputación de Ourense. No acto, que tivo lugar no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel, participaron, amais do secretario xeral; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Xosé González, presidente do Foro Enrique Peinador; Xabier Peña, de R Telecomunicacións; Casián García, director xeral de Celtic Estores; Artur Yuste, xerente do Grupo Cuevas; Francisco Nóvoa, director do Grupo Academia Postal e o adegueiro Antonio Cajide.

A iniciativa enmárcase na campaña “Empresas con identidade galega", que ten por finalidade dinamizar o uso da lingua galega no ámbito empresarial.

Lingua galega [2]
Outras entidades [3]
Empresas [4]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/5120

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/5120
[2] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/234
[3] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/235
[4] https://www.edu.xunta.gal/portal/empresas