Destinatarios

1. O centro docente como entorno innovador de aprendizaxe a través da mellora permanente. (EDUinnova)

O alumnado que curse as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.

2. O centro docente como promotor da excelencia a través do afondamento nun ámbito de coñecemento. (EDUexcelencia)

Alumnado de educación primaria, de educación secundaria e de formación profesional básica matriculados en CEP, CEIP, CPI ou IES, que conten con alumnado que presenta un destacado interese en profundar na aprendizaxe dun determinado ámbito de coñecemento.

3. O centro como dinamizador de hábitos de vida saudables. (EDUsaúde)

O alumnado que curse as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.

4. O centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). (EDUsostibilidade)

Poderán participar nesta convocatoria os seguintes centros docentes públicos dependentes:

1. Escolas de educación infantil.

2. Colexios rurais agrupados.

3. Centros de educación infantil e primaria.

4. Centros de educación primaria.

5. Centros de educación especial.

6. Centros públicos integrados.

7. Institutos de educación secundaria.

8. Centros integrados de formación profesional.

9. Centros públicos de educación e promoción de adultos.

5. O centro educativo como modelo de calidade a nivel organizativo, de xestión e de funcionamento (EDUcalidade)

1. Escolas de educación infantil.

2. Colexios rurais agrupados.

3. Centros de educación infantil e primaria.

4. Centros de educación primaria.

5. Centros de educación especial.

6. Centros públicos integrados.

7. Institutos de educación secundaria.

8. Centros públicos de educación e promoción de adultos.