Concesión de axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade de estudantes Erasmus e Suíza para estudantes universitarios curso académico 2011/2012

Xov, 31/05/2012 - 09:24

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data  de  30 de maio de 2012, elevar ao Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a seguinte proposta de concesión de axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de  mobilidade de estudantes Erasmus e Suíza para estudantes universitarios curso académico 2011-2012.

Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde de resolución coa listaxe oficial de concedidos,  e denegados.