Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2011/2012

Xov, 06/09/2012 - 14:15

Resolución do 15 de xuño de 2012 pola que se nomea ao subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, Juán Durán Alonso, presidente da comisión de supervisión establecida na Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio (DOG do 4 de maio), por substitución de Manuel Corredoira López.

Publicación da Circular nº 2/2012 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2010/2011:

Reclamacións no centro. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: 23 e 24 de maio de 2012 (ata as 14 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 6 e 7 de setembro de 2012 (ata as 14 horas).

Reclamacións ante a comisión de supervisión (Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 29 de maio de 2012.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 19 horas do día 10 de setembro de 2012.

Remisión do expediente ante a comisión de supervisión. Prazos

  • Convocatoria ordinaria: antes das 14 horas do día 30 de maio de 2012.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14 horas do día 11 de setembro de 2012.