Título node Learning object

VIII Edición do Premio á Acción Maxistral para docentes no ámbito da educación en valores
Ven, 20/04/2012 - 09:13
VIII Edición do Premio á Acción Maxistral

Poderán participar docentes que realicen proxectos educativos relevantes no ámbito da promoción dos valores sociais en centros españois de Educación Infantil, Primaria, Secundaria –incluído Bacharelato- e Educación Especial.
Organizado pola FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción), a Comisión Española de Cooperación coa UNESCO e BBVA.
Os docentes interesados en participar poderán presentar os seus proxecto ata o próximo 7 de maio.
Esta oitava edición está dirixida a docentes que desenrolaran ou estean desenrolando durante o curso escolar 2011/2012 proxectos educativos relevantes no ámbito do fomento da personalidade do alumnado. Este ano tamén poderán participar docentes de Bacharelato e de Ciclos Formativos de Grao Medio.
Establécense dúas categorías:

  • Categoría A: proxectos ou experiencias que presenten os centros de Educación Infantil e Educación Primaria.
  • Categoría B: proxectos ou experiencias que presenten os centros de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio e Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI).

O premio está dotado económicamente por BBVA con 6.000€ para o/s docente/s autor/es e outros 6.000€ para o centro educativo onde se desenrole a experiencia premiada para cada unha das categorías. Este ano tamén terán premio as dúas mencións de honra concedidas en ambas categorías, que serán recoñecidas con 1.500€ para o docente/s autor/es e outros 1.500€ para o centro educativo.