Proposta do Consello Asesor sobre a solicitude de subvención de formación de adultos pola entidade sen ánimo de lucro Asociación de Discapacitados do Baixo Miño Vontade

Lun, 02/04/2012 - 09:10

De conformidade co previsto na base 5ª da Orde do 16 de decembro de 2011 (26/12/2011) pola que se convocaron as subvencións a entidades locais e asociacións sen ánimo de lucro, faise pública a proposta do Consello Asesor sobre a solicitude presentada pola sociedade antes mencionada. A proposta está contida no Anexo II que se achega con este anuncio.

Consonte co establecido na citada base 5ª, a interesada dispón de 10 días, contados a partir do día seguinte ao desta publicación, para formular alegacións e presentar os documentos que consideren pertinentes.