Convocatoria de subvencións para actividades de formación de adultos durante o ano 2012

Lun, 26/12/2011 - 09:30

Xúntase a Orde do 16 de decembro de 2011 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación de adultos durante o ano 2012

Estas actividades terán como solicitantes as entidades locais e as asociacións sen ánimo de lucro que o desexen e os beneficiarios serán as persoas que desexen obter o título de graduado en ESO ou os/as inmigrantes que precisen alfabetización en galego e castelán.

  • Os anexos que se deben presentar poden encherse e imprimirse, directamente, desde a seguinte páxina web: https:\\sede.xunta.es (Pódese localizar máis facilmente buscando o procedemento ED508A)