L2301027 Museos situados. Educación e territorio

16 horas de formación nos Museos da Rede Museística provincial
Os días elixidos son: 29 e 30 de maio así como o 5 e 6 de xuño
Mér, 24/04/2024 - 12:57
museo

Un ano máis mantemos o noso compromiso coa Rede Museística provincial. Os próximos 29 e 30 de maio así como o 5 e o 6 de xuño, desenvolveremos a actividade L2301027 Museos situados. Educación e territorio. 16 horas de formación, con máis dunha ducia de relatores, para as que aínda estás a tempo de inscribirte en Fprofe. Visitaremos o Museo Provincial de Lugo e o Museo Fortaleza San Paio de Narla. A organización facilitará un autobús de xeito gratuíto para os desprazamentos.

 

Obxectivos

1. Explorar, coñecer e transmitir os saberes do rural como parte intrínseca do ser comunitario.

2. Crear e asentar no alumnado o sentimento de orgullo do propio e a pertenza a un territorio maiormente rural, a partir da súa comprensión e dos valores que o constitúen.

3. Dinamizar o coñecemento desde a acción e a cooperación directa coas persoas que habitan o territorio e cos axentes sociais e educativos.

 

Contidos

1. A educación en contextos rurais como escenario de cambio cara a unha educación inclusiva.

2. Os museos como institucións para a dinamización do territorio: retos e desafíos.

3. Museos e educación patrimonial: contextos para a innovación e a inspiración de valores.

4. O valor educativo dos museos a través das súas propostas didácticas.

5. Internet como medio para a salvagarda do patrimonio.

Menús CAFI node R

 

Sección