Título node Learning object

Curso de formación en Igualdade
Mér, 26/04/2023 - 09:33
Igualdade

A Consellería de Igualdade do Concello de Vigo realiza un curso de formación en Igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo libre de 26 horas, no que se entregará un diploma acreditativo.

Obxectivo: facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo nos eidos da animación sociocultural e do tempo libre.

Contidos: 

  • Introdución á perspectiva de xénero. Socialización de xénero e as súas consecuencias.
  • A transversalidade aplicada ao ámbito do tempo libre: a coeducación. 
  • Elementos clave para a planificación coeducativa no tempo libre.
  • Prevención da violencia machista.

O curso desenvolverase de xeito presencial na Casa das Mulleres. R/ Romil, 20

Datas da realización do curso: 22, 23, 25, 29 e 30 de maio e 1 de xuño (sesións teóricas). Horario de 18 h a 21 h. Os días 5 e 6 de xuño (sesións prácticas) de 17:30 h a 21:30 h.

Acceso ao curso mediante inscripción previa a través do formulario que se adxunta a continuación